O clima de Galiza podería calificarse como chuvioso, xa que toda ela recibe a influencia dos ventos dominantes do oeste que trae masas de aire húmidas. Non obstante, a frecuencia e distribucion das chuvias non é a mesma en toda a rexión. No norte temos un clima marítimo da costa oeste dos continentes, mentres que no sur existe un clima que sen deixar de ser marítimo, ten tendencia mediterránea. Os centros de acción que definen o clima galego son o frente polar e o anticiclón das Azores.
As temperaturas de este territorio son suaves (entre 8 e 15 ºC), e unhas precipitacións abundantes case sempre por encima dos 800 mm (as máximas alcanzanse en inverno e as mínimas en verán). No verán pode haber un ou dous meses áridos, o que nos fala da cercanía ao mediterráneo. As medias das temperaturas mínimas danse en inverno e están entre os 7ºC e os 13ºC, mentres que as máximas están entre os 15ºC e os 24ºC. Non obstante, exiten grandes diferencias de temperaturas a causa do efecto das montañas sobre as temperaturas. Nas serras prelitorales que superan os 1000 metros e no macizo galaico-leonés, as temperaturas son frías en inverno e frescas en verán. Incluso hai un ou dous meses de heladas seguras e de precipitación en forma de neve.
As zonas costeiras están sometidas a ventos constantes, que con frecuencia chegan a ser fortes. A zona da meseta de Lugo e Terra Cha é lixeiramente máis seca que a costa, con certa tendencia a continentalización, debido a presencia das serras prelitorales.
Ainda que xeralmente Galiza é unha rexión chuviosa existen grandes contrastes. Na serra do Barbanza, entre as rías de Muros e Arousa, recóllense ao ano 3372 mm, o maior de Europa, mentras que nas depresións ourensás recóllen uns 600 mm ao ano. En xeral, no conxunto de Galiza recóllense uns 1000 mm ao ano, que ascenden a máis de 1500 nas serras prelitorales e no macizo galaico-leonés. Na costa é unha zona na que se recollen menos de 1000 mm, debido a que se deixan pasar as masas de aire húmido ata as serras prelitorales donde actúa de efecto barreira. Os días de sol aumentan de norte a sur e disminuen da costa ao interior.
O que diferencia o clima de Galiza de outros climas marítimos da costa oeste é a existencia de un ou dous meses de aridez no verán. En comarcas como as de Lima, o Sil ourensán, o val de Verín e o sur das Rias Baixas (a donde vai pertencer o meu traballo) a aridez alcanza máis de tres meses, por o que hai quen as inclue en un clima mediterráneo.
Así pois, podemos distinguir nove variantes do clima marítimo da costa oesteen Galiza:
1. A rexión das Rías Altas, dende Viveiro a Finisterre, cun clima suave.
2. A rexión das Rías Baixas, dende Finisterre a Vigo, que é a máis chuviosa (a ela pertence o meu proxecto)
3. A meseta noroccidenta, moi chuviosa e de temperaturas máis frescas que nas Rías Baixas.
4. A meseta de Lugo, con unha lixeira tendencia á contanilidade, menos chuviosas e temperaturas máis frescas.
5. O macizo galaico-leonés, con precipitacións abundantes e notablemente máis frío a medida que ascendemos en altitude.
6. A costa cantábrica (A Mariña), con precipitacións semellantes ás das Rías Altas pero máis frío en inverno e máis húmido en verán.
7. A costa do Baixo Miño, templado e chuvioso pero con aridez estival.
8. As montañas meridionais, chuvioso e frio a causa da altitude, pero con contrastes moi marcados de aridez nas vertientes orientadas cara o interior.
9. As depresións ourensás, con unha tendencia á contanilidade, menos chuvias e temperaturas máis calidas que nas depresións occidentais e máis frías nas orientais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario