lunes, 31 de octubre de 2016

DIARIO [30/10/2016]

 Hoxe facía bo día. Decidín coller cámara en man e lanzarme cara as entrañas das brañas coa compañía dunha pesada que non paraba de meterse no medio das fotos. 

 Sain sobre as 15:00 horas e pasei fóra sobre 2 horas. Facía unha calor espantosa e claro, coa corta das árbores, desapareceu toda a sombra que había nos camiños.

 Facía tempo que non paseaba por aquí. Bótolle a culpa a vivir en Coruña e nos fin de semana, non ter tempo; pero realmente creo que non me atrevía a facelo. Sabía como estaba a cousa, pero non mo quería creer. Todas as árbores desapareceron, toda a vexetación, toda a sombra, toda a frescura... Cada metro que camiñaba, solo me podía repetir ''Un humedal e paréceme a día de hoxe o chan máis seco do mundo''. Solo vía terra, restos das árbores que había anteriormente e algunha que outra herba seca. Sei que non solo eu botaba de menos todo o de antes, si non que hasta llo notei á miña compañeira de viaxe. 

 Entristéceme realmente ver esto así, e non sei claramente si me equivoquei na elección do tema. Sei que este traballo non é só un traballo de clase, se non algo persoal. Sei perfectamente que todo me vai conlevar sufrimento. Sufrimento é o que sinto ao camiñar ahora por estas terras. E soidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario