domingo, 30 de octubre de 2016

2ª INVESTIGACIÓN. [PROXECTO - 19/10/2016]

PROXECTO:

 O meu proxecto vai tratar sobre un lugar que me toca moi cerca, xa que dende sempre me criei entre a súa beleza. As brañas de Laiño é un humedal moi coñecido pola súa fauna e o seu valor paisaxístico. Durante as mareas vivas de agosto, o seu terreo chega a estar completamente inundado.

 A día de hoxe, as brañas están sendo destrozada polos altos cargos do concello, arrasando sen control todo o que teñen ao seu alcance. Os veciños intentaron, eu entre eles, parar como fora este desastre sen, por desgracia, case resultado. Esto foi denunciado a través dos medios de comunicación, saindo esta barbaridade en diversos periodicos entre eles, La voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/dodro/2016/09/08/denuncian-tala-abusiva-branas-laino-dodropadron-firma-cortizo-abre-centro-logistico-bucarest/0003_201609S8C5992.htm).



 Decidín realizar o meu proxecto sobre este lugar xa que como dixen anteriormente, é un lugar ao que lle teño demasiado aprecio e cariño, un lugar ao que podería considerar o meu berce e que pouco a pouco os grandes cargos, aos que lle importa unha merda este lugar, me estan arrebatando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario