martes, 25 de octubre de 2016

EXPLICACIÓN DO PROXECTO

 Este curso 2016-2017, na asignatura de Proxectos Fotografía I, realizaremos, na 1ª avaliación, un traballo sobre ''Clima e Paisaxe''.

 Cada un de nós poderemos elexir libremente o tema no que queremos indagar, realizando unha investigación ata este próximo mes de decembro. Ata esta data, teremos que ir incrementando o ritmo de traballo e plasmando, a través de imaxes e texto, o noso avance, os nosos descubrimentos e o noso aprendizaxe. 

 A elección do tema é un paso importante. Por esta mesma razón, antes de comezar o traballo, informámonos (grazas a un libro) dos pasos a seguir para elexir a idea correcta. 

 Coas guías que nos prestou o libro, comezaremos o proxecto e, con el, este blog. Nesta páxina escribirei, semana a semana, toda a información que vou ir recollendo para este traballo. Para que isto precisarei da axuda de libros, internet e de persoas con coñecementos sobre o meu tema. 

 Se queres aportar algo, non dudes en contactar conmigo no correo anacobain18@gmail.com ou en calquera das miñas redes sociais (@anacobain18).

No hay comentarios:

Publicar un comentario